Thursday 31 de October de 2024

Cambios nos asfaltados de Sol y Mar polas adversas condicións climatolóxicas


A causa das chuvias os traballos definitivos das obras de Sol y Mar correspondentes ás vías de servizo, glorieta, acceso ao túnel do lado da Coruña, tramo norte da rúa Areal e entronques coas distintas rúas municipais, tiveron que ser pospostos ata a vindeira semana.
Se as condicións climatolóxicas non o impiden, o xoves 23 de maio quedarán finalizados.

Luns 20: rúa Areal norte, entronques con rúa Marisqueira, praza de Agramar e rúa Areal sur. Haberá cortes puntuais, que afectarán aos accesos a garaxes.

Martes 21 e mércores 22: vías de servizo, rotonda. Haberá cortes de tráfico e restricións puntuais para os accesos a garaxes.

Xoves 23: rúa Garridas e acceso ao túnel do lado da Coruña. O tráfico estará cortado tanto na rúa Garridas como no túnel, desviándose pola rúa Areal e as vías de servizo.