Friday 22 de November de 2024

Concerto de Iria Estévez no acto de presentación do libro gañador do XXXVI Premio de poesía Xosemaría Pérez Parallé


O CMI Unidade de Fene acolle este sábado a presentación de Utensilios de cociña e algúns xantares caleidoscópicos, poemario co que Carlos Carracedo Porto gañou a trixésimo sexta edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé que organiza a entidade fenesa coa colaboración do Concello e da Editorial Espiral Maior. O acto comezará ás 20.30 horas, con entrada libre e de balde até completar o aforo. Ao remate actuará Iria Estévez presentando Fíos de fado, concerto organizado pola Concellería de Cultura coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

En Fíos de fado, Iria Estévez ofrece un “concerto dinámico no que experimenta cos distintos estilos de fado, poñéndoo en diálogo con outras músicas, como a cantiga galega ou a música brasileira. Así, ofrece unha visión ampla do que o fado supón, a partir daqueles aspectos que comparte con outros estilos musicais”.