Friday 22 de November de 2024

Convocado un proceso selectivo para formar unha bolsa de emprego de brigada de obras e servizos municipal na Pobra


Unha vez aprobadas as bases reguladoras do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego para a brigada de obras e servizos municipal, o Concello da Pobra do Caramiñal procede a convoca-las probas selectivas mediante un concurso-oposición para a cobertura en réxime laboral temporal de electricistas, operarias/os de servizos varios, condutoras/condutores, operarias/os de xardíns e operarias/os de limpeza viaria e espazos naturais.

Os labores atribuídos serán os propios de cada un dos postos indicados e as persoas aspirantes deberán reunir unha serie de requisitos.

Para tomar parte na selección, presentarase a solicitude conforme o anexo I das bases a través do rexistro xeral de entrada do Concello da Pobra do Caramiñal, no horario das 09.00 ás 14.00 horas, ou por medio da sede electrónica municipal. O período é de 15 días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP), neste 15 de maio. O dito trámite tamén se pode formalizar en calquera dos medios determinados na Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas. Xunto coa solicitude, débense achega-las fotocopias dos documentos xustificativos.

Toda a información detallada está á disposición no taboleiro de anuncios do Concello e na mencionada sede electrónica.