Friday 22 de November de 2024

Retirada dun poste de telefonía que presentaba risco de caída na aldea de Pesqueira, na parroquia de Castro, do Concello de Boiro


Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro foron alertados ás 10:35 horas desta mañá de que un poste de telefonía presentaba risco de caída na aldea de Pesqueira, na parroquia de Castro, no concello de Boiro.

O poste atopábase desprazado desde a base o cal provocou que presentara risco de caída. O operativo consistiu no arrastre do dispositivo ata o seu lugar de base, amarrando o mesmo posteriormente á columna dunha obra para evitar o seu desprazamento e sinalizando o lugar.

Completou o operativo a Policía Local de Boiro.