Tuesday 05 de November de 2024

Mila Castro reclama un “arranxo integral” da Praza de San RoqueInicio Actualidad Mila Castro reclama un “arranxo integral” da Praza de San Roque


Recalca o “estado lamentable” no que se atopa a praciña sita ao carón da rúa do Hospitaliño “con losetas levantadas e a fonte abandonada”

A edil socialista pedirá no próximo pleno a substitución dos bancos e o reacondicionamento das zonas axardinadas

O grupo socialista reclamará no próximo pleno un “arranxo integral” da Praza de San Roque, ao carón da rúa do Hospitaliño. Segundo explica Mila Castro, “son varios os veciños e veciñas que nos veñen denunciando esta situación” e pídelle ao goberno local que actúe adecentando a zona, abordando a renovación de bancos e o acondicionamento da zona que actualmente conta con “losetas levantas e a fonte completamente abandonada”.

A edil socialista recalca ademais no “papel fundamental na mellora de esta praciña” que xogan as zonas axardinadas, polo que insiste en que debe limparse a zona e replantar plantas de temporada “como se fai nos outros espazos verdes da cidade”.

“Demandamos a posta a punto de este espazo público para o desfrute das veciñas e veciños da zona” explica Castro, que defenderá no pleno municipal de este mes de maio un rogo instando ao executivo de Sanmartín a impulsar as labores de acondicionamento da contorna do Hospitaliño.