Tuesday 05 de November de 2024

As obras de mellora da estrada de Caión entre O Outeiro e a DP-1913 iniciaránse nos próximos días


O proxecto suporá un investimento superior aos 63.000 euros.

O alcalde José Manuel López Varela, xunto ao concelleiro de Obras Públicas, Pablo Cambón, e o representante da empresa contratista Construcciones López Cao S.L., asinou hoxe a acta de replanteo do proxecto de mellora da estrada da parroquia de Caión que comunica O Outeiro coa vía DP-1913. Despois deste trámite, as obras comezarán a executarse nos próximos días.

A actuación vai destinada a renovar a capa de rodadura da plataforma para unha mellor conexión entre o citado núcleo e a estrada provincial. Ademais, contémplase a limpeza e perfilado das cunetas para favorecer a drenaxe do terreos e a recollida de augas pluviais.

Os traballos concluirán coa sinalización vertical e horizontal, incluíndo nesta fase o pintado das liñas dos bordes e do eixo da calzada e dos símbolos necesarios segundo o código de circulación, así como a renovación dos indicadores para reforzar a seguridade viaria.

O orzamento da intervención supera os 63.000 euros.