Saturday 27 de July de 2024

A centenaria aguiñense, Paquita Lampón, recibe a felicitación do goberno local


O alcalde de Ribeira Luís Pérez, o tenente alcalde Vicente Mariño e o concelleiro de Mar Fernando Abraldes estiveron hoxe en Aguiño para felicitar en persoa a Paquita Lampón Argibay veciña que vai celebrar 104 anos.

Recibiu un ramo de rosas vermellas de parte do Concello nun pequeno xesto de festexar a súa lonxevidade. Paquita comezou a traballar desde moi nova, con tan só nove anos, limpaba bocareu para logo enlatar na fábrica de Cardona. Paquita ten 5 netos, 3 bisnetos e 10 afillados.