Saturday 16 de November de 2024

Incendio nunha vivenda na parroquia de Barbeito, no Concello de Vilasantar


Os bombeiros do parque comarcal provincial de Arzúa, foron alertados ás 19:47 horas de onte ,luns 13 de maio,dun incendio que afectou á cheminea dunha vivenda da parroquia de Barbeito, no Concello de Vilansantar.

O operativo consistiu no arrefriamento da cheminea na que se produciu o lume, extinguindo o mesmo con auga pulverizada.

No operativo tamén participou a Garda Civil e o GES de Curtis.