Os bombeiros do parque comarcal provincial de Carballo recibiron no mediodía de onte ,luns 13 de maio, unha chamada alertando dun incendio nun comercio do casco urbano do concello de Carballo.
A incidencia, localizada na rúa Poniente afectou a unha tenda, provocando o desaloxo dos habitantes do edificio. A intervención consistiu na extinción do lume no local comercial e na instalación posterior dun ventilador no exterior para reducir a temperatura. Finalmente realizouse unha revisión e ventilado dos pisos do edificio que foron afectados.
No operativo participaron Policía Local, Garda Civil e Protecciñon Civil de Carballo.