Friday 22 de November de 2024

Acto público do BNG de Oleiros Eólica, ao servizo de quen?


MÉRCORES 15 DE MAIO – 19,30 H. – CASA CHARRY
Este mércores, 15 de maio, o BNG de Oleiros organiza un acto público baixo o título: Eólica, ao servizo de quen?. Terá lugar na Casa Charry (a carón das oficinas municipais), ás 19,30 hs.

Contaremos coa participación de:

 Manuel Requeixo: Alcalde de Muras e veciño de Oleiros. Entre outras cuestións, contará a experiencia que puxo en marcha no concello de Muras para reverter na veciñanza o custo social, ecolóxico e paisaxístico de todos os parques eólicos instalados no seu territorio. A través destas medidas, a maior parte das persoas de Muras non pagan a subministración eléctrica ou pagan unha parte moito menor.

 Xavier Simón: Profesor da Universidade de Vigo e responsábel do Observatorio Eólico de Galiza. Experto nas temáticas relacionadas coas enerxías alternativas e o medio rural, presentará o tema dende unha perspectiva técnica, sen esquecer a análise das repercusións políticas das accións das empresas enerxéticas.