Friday 22 de November de 2024

Accidente na DP-0810 fronte a Villa Julia


Esta tarde rexistrouse un accidente de tráfico na estrada DP-0810 ao seu paso por Bergondo, no punto negro de tráfico fronte a Villa Julia. Dous coches chocaron frontalmente na zona na que se estreita a calzada, resultando feridos con prognóstico reservado os dous ocupantes do vehículo que circulaba en dirección Guísamo, que foron evacuados ao Hospital San Rafael.

Ata o lugar do accidente acudiu o 061, a Garda Civil e Protección Civil de Bergondo. A alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, fixo referencia a que a Deputación, tras o informe emitido polo Servizo de Patrimonio da Xunta de Galicia no que indica que todos os elementos de Villa Julia afectados polo retranqueo necesario para ampliar a calzada deben ser documentados de forma específica, volveu a solicitar ao propietario que permita a entrada aos técnicos provinciais para solicitar os datos topográficos necesarios. “Espero que, dunha vez por todas, teña a decencia de facilitar a redacción do proxecto, non podemos agardar a que haxa outra vítima”, sentenza.