• Celebrarase o día 25 no Fórum Carballo e o prazo de inscrición está aberto ata o día 20
• A xornada está destinada principalmente a familias e docentes
Sensibilizar á poboación sobre a importancia da inclusión social educativa das persoas con TEA é o principal obxectivo da I Xornada formativa “A inclusión socioeducativa”, co-organizada polo Concello de Carballo, a Deputación da Coruña e Un paso máis, que se celebrará o 25 deste mes no Fórum. Hoxe presentámola na casa do concello, nun acto no que participaron representantes das entidades organizadoras.
A presidenta da asociación Un paso máis, Banesa Martínez Rodríguez, destacou a importancia de ofrecer información ás familias, pero tamén aos docentes, “por que os nenos pasan moito tempo na aula, e tanto para eles coma para os mestres é importante que o pasen o mellor posible”. Na presentación participou unha ampla representación da xunta directiva de Un paso máis, que está integrada tamén por Eva Arán Fernánez, secretaria; Lorena Botana Blanco, tesoureira, e os vogais Adrián Monteseirín Suárez, Vanesa Cabeza Bello e Valentín Costa Trillo.
Por parte do concello, ademais do alcalde, Evencio Ferrero, participaron as concelleiras de Educación, Mar Eirís, e Servizos Sociais e Igualdade, Maica Ures, quen destacou a importancia de achegar a toda a cidadanía ferramentas que permiran construír unha sociedade máis inclusiva. O seu departamento, ademais, aposta pola co-responsabilidade na educación, e para facilitar que á xornada poidan asistir tanto pais coma nais, pon a disposición das familias un servizo de canguraxe. As interesadas deben facelo constar na inscrición, xa que hai un mínimo de 10 prazas.
Evencio Ferrero, pola súa banda, expresou a súa satisfacción pola utilización do Fórum Carballo como un espazo “para informar e formar de maneira transversal” e o seu desexo de que a iniciativa teña continuidade. “Os que cremos na educación como unha ferramenta para facer sociedades máis sólidas, sabemos que a educación ten que ser inclusiva”, manifestou. Así mesmo, subliñou a importancia da existencia de entidades como Un paso máis “para seguir facendo Carballo”.
PROGRAMA
• 09:30 – 10:00 Recepción e benvida
• 10:00 – 10:30 Acto inaugural: Evencio Ferrero (Alcalde de Carballo), Ricardo García Mira (Catedrático de Psicología Social en la Universidade da Coruña), María Mar Eirís Villar (Concelleira de Educación) e Banesa Martínez Rodríguez (Presidenta da Agrupación Deportiva Un Paso Mais).
• 10:30 – 11:30 Vivenciando o Trastorno do Espectro do Autismo. Marcos Pinaque (mestre de educación primaria e doutor en equidade e innovación educativa)
• 11:30 – 12:00 Descanso para o café
• 12:00 – 13:30 Mesa redonda: comprendendo o TEA
• Isabel García García (logopeda, mestra A.L. e doutoranda especialista en TEA), Laura García Fernández (orientadora escolar), Ysaura Rodicio Orea (psicóloga especialista en equinoterapia) e Valentín Costa Trillo (familiar e membro de Un Paso Máis)
• 16:00 – 17:30 Talleres e seminarios (escoller 1 de 4)
– Autonomía no contexto escolar e familiar (Sara Grela. Psicóloga especialista en TEA)
– Deseño e adaptación de materiais. (Laura García.Orientadora escolar)
-Taller de familias. (Isabel García. Logopeda e mestra de A. L. e doutoranda)
– Inclusión na aula ordinaria. (Marcos Pinaque. Mestre de educación primaria)
– Ocio inclusivo (Asociación Un Paso Máis)
• 18:00 – 19:30 Talleres e seminarios (escoller 1 de 4)
– Autonomía no contexto escolar e familiar (Sara Grela. Psicóloga especialista en TEA)
– Deseño e adaptación de materiais. (Laura García.Orientadora escolar)
– Taller de familias. (Isabel García. Logopeda, mestra de A. L. e doutoranda)
– Inclusión na aula ordinaria. (Marcos Pinaque. Mestre de educación primaria)
– Ocio inclusivo (Asociación Un Paso Máis)
• 19:45 – 20:15 Acto de clausura: Proxección dun vídeo turístico de Carballo, Xosé Regueira Varela (Vicepresidente Diputación A Coruña), María Carmen Ures García (Concelleira de Servicios Sociais, Igualdade e Sanidade) e Eva Arán Fernández (Secretaria da Agrupación Un Paso Mais)