A actividade terá lugar na biblioteca municipal o sábado 18 de maio
O Concello de Neda organiza este sábado, no marco da súa programación con motivo do Día das Letras Galegas, un obradoiro infantil de escritura artística a partir de textos de Luísa Villalta, a autora homenaxeada pola Real Academia Galega o 17 de maio. Está aberto o prazo para inscribirse.
A iniciativa de Velaísca proxectos educativos chegará á biblioteca municipal nedense a partir das 11.30 horas. E nela os nenos e nenas de entre 6 e 12 anos que o desexen poderán deixar voar a imaxinación e divertirse dando cor e forma aos versos da autora coruñesa.
O obradoiro creativo, que explora nas posibilidades do lettering, é dicir, a arte de debuxar letras orixinais e artísticas para crear palabras ou frases, haberá que anotarse na propia biblioteca, ou chamando ao teléfono 981390233.
A programación especial con motivo do Día das Letras incluirá ademais unha mostra bibliográfica na biblioteca sobre as seis autoras ás que se rendeu tributo dende a instauración desa xornada e a proxección este xoves do filme documental “O auto das ánimas”.