O Concello de Oleiros organiza unha ruta polo Courel enmarcada no programa Andares por Galicia, a cultura da natureza para o próximo sábado 25 de maio.
O vindeiro sábado 25 de maio terá lugar unha nova edición do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza, organizado polo Concello de Oleiros, coa Ruta de Pedrafita do Courel a Parada por Castro de Brigo.
As persoas participantes visitarán puntos Pedrafita do Courel, Castiñeiro do Val da Fonte (árbore senlleira), Paderne, Castro de Brigo, Mercurín, Enteladoiros (Val das Mouras) para rematar cunha visita cultural á Casa Museo de Uxío Novoneyra.
Este programa céntrase en descubrir as características máis importantes a nivel natural, social e cultural da nosa terra e xerar conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural. Así mesmo trata de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.
A saída do 25 de maio contará con 3 guías especializados/as e ofértanse 40 prazas dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 23,00 euros.
As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir do martes 14 de maio ás 10.00 horas. No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas. Ocuparanse as prazas por rigorosa orde de solicitude e terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros. Formulario preinscrición: https://www.oleiros.org/es/actividades-culturales/-/asset_publisher/HSJ5LJ3LSSU6/content/id/1160450
Para obter máis información sobre esta ruta e o conxunto do programa é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico r.caparros@oleiros.org.