Friday 22 de November de 2024

O Partido Popular de Sada forzará un novo Pleno Extraordinario sobre o estado da contratación municipal


Iniciadas as conversacións cos outros grupos da oposición o PSdeG/PSOE e UPSA sumáronse á iniciativa. Sada, ao 11 de maio de 2024.-

O Partido Popular de Sada solicitará un Pleno Extraordinario para o control e seguimento dos servizos contratados polo concello.

Hai poucos días avanzaban que tras atopar numerosos fallos nas Memorias Técnicas de Seguridade e Plans de Emerxencia contratados a unha empresa durante anos , solicitarían un Pleno Extraordinario onde se esixirán explicacións non só sobre os numerosos fallos nestes documentos, se non da falta de seguimento e incumprimento dos contratos con distintas empresas para realizar servizos municipais, debatendo e expondo opcións, ademais de “rogar”, a necesaria e lóxica licitación pública dalgúns dos devanditos servizos, para o que xa se comezou a pedir documentación.

A inactividade do alcalde e o deixamento nas funcións de supervisión por parte do goberno actual, está a crear unha situación de inseguridade, desconfianza e empobrecemento do Concello, froito dunha nefasta xestión do mesmo, deixando a responsabilidade e o traballo en mans da oposición.