Friday 22 de November de 2024

O luns comezan os asfaltados definitivos nas obras de Sol y Mar


O luns comezan os asfaltados definitivos das obras de Sol y Mar correspondentes ás vías de servizo, glorieta, acceso ao túnel do lado da Coruña, tramo norte da rúa Areal e entronques coas distintas rúas municipais . Se as condicións climatolóxicas non o impiden, o xoves quedarán finalizados.

Luns 13: rúa Areal norte, entronques con rúa Marisqueira, praza de Agramar e rúa Areal sur. Haberá cortes puntuais, que afectarán aos accesos a garaxes.

Martes 14 e mércores 15: vías de servizo, rotonda. Haberá cortes de tráfico e restricións puntuais para os accesos a garaxes.

Xoves 16: rúa Garridas e acceso ao túnel do lado da Coruña. O tráfico estará cortado tanto na rúa Garridas como no túnel, desviándose pola rúa Areal e as vías de servizo.