A apertura de portas no pavillón do IES Agra de Leborís será ás 13:15 horas.
A Festa Homenaxe aos nosos maiores que se celebrará mañá no pavillón do IES Agra de Leborís volverá contar cun rotundo éxito participativo, agardándose a presenza de 650 persoas.
A apertura de portas será ás 13:15 h. Ás 13:45 h oficiarase unha misa. A continuación será o xantar e, despois, a tarde estará amenizada coa música en directo do Grupo Puzzle.
O Concello organiza cada ano este evento co propósito de facer unha homenaxe ao colectivo ao que vai dirixido, ao mesmo tempo que se lles ofrece unha alternativa de ocio e unha xornada festiva que poderán desfrutar en compañía de familiares, veciños e amigos, reforzando as relacións sociais entre as persoas maiores do municipio.