Sunday 06 de October de 2024

A Xunta participa na xornada de responsabilidade social empresarial organizada por Vegalsa-Eroski


O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, asistiu hoxe a Xornada sobre Responsabilidade Social e Empresarial (RSE) organizada por Vegalsa-Eroski. Nela trasladou o recoñecemento da Xunta de Galicia a este grupo empresarial polo seu compromiso contra as desigualdades, apoiando valores como a solidariedade, a diversidade, a sustentabilidade e a conservación do medio ambiente.

Arturo Parrado destacou a importancia deste encontro para favorecer a colaboración entre institucións, entidades e axentes sociais. Na xornada debateuse sobre aspectos como a protección do entorno natural, a formación, a diversidade ou a inclusión laboral.