O Obradoiro de Cociña e Repostería de Entroido (unha das actividades tradicionales da programación festiva organizada polo Concello de Riveira) regresará a semana que vén entre os días 2 e 5 de febreiro.
A actividade desenvolverase nas aulas formativas da rúa Cristóbal Colón e conta con 25 prazas.
Os interesados (cómpre ter como mínimo 16 anos de idade) poden inscribirse a partir de mañá venres, de 9 a 14 horas no Lustres Rivas. Tamén pódese facer vía online (nun formulario publicado en www.riveira.gal) dende as 9 horas de mañá ata as 9 horas do 1 de febreiro.
En todo caso, priorizarase aos empadroados en Riveira e unha vez cumprido este parámetro a admisión será segunda a orde de inscrición.
A listaxe de admitidos será publicada o 1 de febreiro na páxina web do Concello e tamén no Centro Cultural Lustres Rivas.
Concerto polo Día Mundial da Paz
Noutra orde de cousas, cómpre informa de que con motivo da conmemoración do Día Mundial da Paz, que se celebra o 30 de xaneiro, a Concellería de Cultura de Riveira organiza un concerto de música clásica a cargo de alumnado do Conservatorio Municipal e afeccionados. Terá lugar na rúa de Galicia (zona soportáis do Banco Santander e Farmacia Sanmamed) o sábado 30 ás 12:30 h e durará aproximadamente 1 hora.