Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira foron alertados ás 19:42 horas desta madrugada dun incendio entre os lugares de Sirves e Devesa, na parroquia de Olveira no Concello de Ribeira.
O lume foi orixinado no alto do poste dunha liña de alta tensión nun repartidor situado a unha altura duns oito metros. Os bombeiros desprazados informaron de que a empresa responsable de mantemento debe facerse cargo da reparación xa que algúns dos veciños están sen servizo de luz e o poste atópase próximo a unha masa forestal, podendo ocasionarse un incendio.
Completaron o operativo a Policía Local e o GAEM de Ribeira.