Sesión 13 de maio de 2024
“ Malestar físico e emocional nas/os nenas/os e adolescentes: sinais de alerta e sintomatoloxía”
O Concello de Fene, a través dos Servizos Sociais, continúa o programa relacionado co apoio ás familias na súa labor educativa cas crianzas, no ciclo de “Acompañar no reto de educar”, que consiste en espazos en familia onde se informa, reflexiona e comparte, a través das sesións que se están a celebrar na Casa da Cultura de febreiro a maio.
Estas sesións se organizan a través da agrupación de concellos de Fene, Mugardos e Neda co obxecto de desenvolver o proxecto de prevención de condutas aditivas, no que se enmarcan o programa familiar “MAS QUE UN TEITO”, subvencionado pola Consellería de Sanidade. Espazos en familia.
Trátase dun programa de formación en prevención familiar e comunitaria e ten como finalidade acompañar para evitar o desenvolvemento e a consolidación de condutas de risco, promovendo estilos de vida saudables e tendo en conta a perspectiva de igualdade de xénero.
Estas actuacións están encamiñadas a sensibilizar, mellorar e complementar a información nas familias a nivel emocional e na prevención das condutas aditivas de maneira precisa e axeitada.
O próximo día 13 de maio o tema a desenvolver “malestar físico e emocional nas/os nenas/os e adolescentes. Sinais de alerta e sintomatoloxía”
• HORARIO: de 18:00 a 20:00 horas
• LUGAR: Casa da Cultura de Fene
• DESTINADA A: todos os públicos, ANPAs, entidades sociais, familias e preadolescentes
• PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Mediante o código QR
Ao longo da sesión os contidos a tratar son:
• Síntomas psicosomáticos e dores asociadas
• Enfermidade física
• Risco de sobreprotección
• Autolesións
• Pautas de prevención
Todas as sesións realizaranse ás 18.00h. LUGAR: Casa da cultura de Fene
Inscrición :As prazas cubriranse por orde de inscrición ata completar aforo.
*SERVIZO DE CONCILIACIÓN:
Ao obxecto de que as familias poidan dispoñer dun tempo para acudir as sesións, paralelamente estará dispoñible un espazo para as crianzas con monitorado para dinamizar ao grupo.
A inscrición no servizo de conciliación:
• As familias interesadas si non o indicaron na folla de inscrición é necesario que contacten con servizos sociais para solicitalo.
• O plazo para escribirse no servizo de conciliación remata o venres anterior a cada sesión e as prazas están límitadas ata completar aforo.
Metodoloxía: As xornadas serán participativas, utilizando dinámicas grupais. Nas sesións recolleránse todas as cuestións que se platexen e tratarase de dar resposta as mesmas.
Con este programa se está incidindo nos seguintes obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS)
3: saúde e benestar.
5: Igualdade de xénero.
Achégase cartel informativo para a súa difusión.