Varios cociñeiros galegos mostraron as súas habilidades nos fogóns no foro gastronómico máis importante de España que neste ano celebra a súa décimo cuarta edición
A gastronomía de Galicia promovese en Madrid Fusión, o foro gastronómico máis importante de España que neste ano celebra a súa décimo cuarta edición baixo o lema “El lenguaje de la postvanguardia”.
Varios cociñeiros galegos mostraron as súas habilidades nos fogóns nesta cita que converteuse nunha cita ineludible no ámbito da gastronomía.
O chef Pepe Solla expuxo a súa visión da cociña enlatada co relatorio “Alta cocina en lata: sabores viajeros”.
Así mesmo, Javier Olleros, do restaurante de O Grove, Culler de Pau, compartiu fogóns con Santiago Pérez, da Finca Los Cuervos, no showcooking “Raíces comestibles” na que os cociñeiros galegos enxalzaron os produtos galegos.
Por outra parte, Javier Estévez, ex alumno do Centro Superior de Hostalería de Galicia concorre hoxe ao premio de cociñeiro revelación do ano.
O protagonismo da gastronomía galega en Madrid Fusión é unha mostra máis do gran momento que está a vivir a cociña de Galicia.
Na actualidade Galicia conta con 13 restaurantes con Estrella Michelín e 26 restaurantes galegos atesouran 37 Soles Repsol.
Gran momento para a gastronomía galega
Así, a gastronomía converteuse na segunda motivación pola que os turistas elixen Galicia como destino e polo tanto un dos principais reclamos turísticos da nosa comunidade.
Con todo, o Plan Integral de Turismo de Galicia identifica a gastronomía como unha das fortalezas de Galicia e a variedade e calidade dos produtos enogastronómicos como elementos que constitúen vantaxes competitivas e diferenciais respecto doutros destinos.
Deste xeito, a folla de ruta para o sector turístico galego inclúe unha liña estratéxica centrada na oferta turística baseada no patrimonio e nos recursos endóxenos, buscando a desestacionalización e os novos públicos.