Friday 22 de November de 2024

Rematan as obras de pavimentación das rúas do núcleo de Dor


· Esta actuación, que contou orzamento de 30.000 euros, permitiu a seguridade viaria tanto para os peóns como para o tráfico rodado.

O Concello de Camariñas rematou esta semana as obras de pavimentación das rúas que integran o núcleo de Dor, na parroquia da Ponte do Porto, unha actuación que contou cun orzamento total de 30.000 euros, financiada a través do Plan Único da Deputación da Coruña.

O proxecto permitiu mellorar a seguridade viaria na zona, tanto para os peóns como para o tráfico rodado, xa que as vías deste núcleo presentaban fochancas, gretas, ou afundimentos. Os traballos que se levaron a cabo incluíron a pavimentación con aglomerado asfáltico destes tramos.