Tuesday 03 de December de 2024

Bastiagueiro, única praia galega con Bandeira Azul desde 1987


Tan só 7 municipios en toda España levan 37 anos consecutivos recibindo a bandeira azul: 6 de Valencia e Oleiros. A praia de Bastiagueiro é a única praia de Galicia e unha das 7 de toda España que leva recibido a Bandeira azul ininterrompidamente desde o 1987.

O rigoroso traballo realizado polo Goberno municipal desde o inicio da democracia en canto á conservación do litoral, protección do medio ambiente e ordenación das praias e dos seus contornos posibilita a consecución deste destacado recoñecemento.

Bastiagueiro, igual que os outros areais do municipio, dispón dunha calidade de auga excelente para o baño e de todos os servizos necesarios para gozar dos areais con seguridade. Rodeada de parques e numerosos equipamentos públicos é un lugar marabilloso para a convivencia, o ocio e o deporte durante todo o ano.