Saturday 16 de November de 2024

O Concello continúa o seu plan de mellora do mobiliario público coa limpeza do ‘Muro do Alpendre’


• O espazo, situado no Paseo Marítimo de Cariño, ofrecía un impacto visual negativo ao estar cheo de pintadas

• O executivo local censura estes actos propios de vandalismo e pide “civismo” para “vivir nun lugar mellor”

O Concello de Cariño continúa o seu plan de mellora do mobiliario público. A posta en valor da localidade a través da potenciación da súa imaxe estética e a súa accesibilidade é un dos piares de goberno do executivo locais liderado por Ana María López. E neste sentido, os servizos municipais han actuado nos últimos nun novo espazo: o coñecido popularmente como ‘Muro do Alpendre’.
O lugar, situado ao termo do paseo marítimo, é un punto de reunión habitual de moitos grupos e, especialmente, novos. Con todo, a falta de mantemento e atención facía que se tratase dun lugar que ofrecía un impacto visual negativo, xa que a súa parede atopábase chea de pintadas.
Deste xeito, o Concello decidiu actuar e desenvolver unha actuación profunda que consistiu nunha limpeza e chorreo. “Este é un primeiro lavado de fronte para eliminar as pintadas. A instalación xa ofrece outro aspecto, pero terminaremos de rematar a súa limpeza con outro lavado para volver poñer en valor este espazo”, apunta a rexedora, Ana María López.
Petición de civismo
Neste sentido, desde o executivo municipal pídese “civismo” para manter en bo estado o mobiliario municipal e evitar ter que levar a cabo actuacións. Unhas actuacións que, aínda que se executan con ferramentas propias, repercuten nos recursos do Concello e, polo tanto, nos servizos dos que dispoñen os veciños e veciñas.
“Traballamos de maneira constante no mantemento do noso mobiliario público e hai arranxos derivados do paso do tempo e do uso que asumimos de bo gusto. Pero é importante que todos e todas nos concienciemos de que os elementos urbanos débense coidar para poder vivir nun lugar mellor”, apunta López.