Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira, en colaboración cos compañeiros do parque de Boiro, asistiron a primeira hora desta tarde, luns 6 de maio, a un incendio nunha nave no polígono de Couso en Aguiño, no Concello de Ribeira.
O lume orixinouse en restos de materiais da demolición do inmoble, concretamente en illante do panel frigorífico. Aparentemente ocasionouse froito das chispas dunha radial.
O operativo consistiu na extinción do lume e na posterior comprobación da seguridade no lugar.
Participaron, ademais dos bombeiros de Ribeira e Boiro, a Policía Local de Ribeira, a Policía Nacional e o GAEM de Ribeira.