O Concello de Neda prevé incorporar nas próximas semanas a dúas persoas traballadoras con cargo ao plan de fomento do emprego no medio rural Aprol Rural 2024. Estas profesionais, en situación de desemprego, realizarán nos próximos meses traballos de roza e máis labores de prevención de lumes.
Co apoio económico da Consellería de Promoción do Emprego, que outorgou subvención de 32.213 euros, a administración local ten avanzado o proceso selectivo para incorporar a dúas persoas traballadoras, con especiais dificultades de acceso ao mercado laboral.
O proxecto subvencionado, denominado “Medidas para de prevención de incendios forestais e recuperación de itinerarios de interese natural”, entre outras tarefas, labores de roza en vías e espazos públicos, accións preventivas nas faixas secundarias e outras destinadas á posta a punto de itinerarios naturais.
Durante nove meses as dúas persoas contratadas a tempo completo acumularán experiencia e práctica que facilitará a súa posterior inserción no mercado de traballo.