● As principais operadoras de telefonía móbil comezarán a ofrecer en Miño estes servizos móbiles de nova xeración.
● Este despregamento pode causar incidencias coa TDT, polo que Chega700 ponse ao dispor das persoas afectadas na súa web e no 900 833 999.
As principais operadoras de telefonía como Telefónica, Vodafone e Orange, empezarán nas próximas semanas o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, en Miño.
Isto permitirá aos e as miñenses gozar de conexións móbiles de alta velocidade e unha mellor cobertura.
As principais vantaxes desta rede móbil son as melloras na velocidade de descarga ou o envío de datos, así como mellorar a rede de cobertura móbil no interior dos edificios e en máis puntos do concello.
Desta forma, Miño convértese nun concello máis atractivo para vivir e desenvolver un proxecto empresarial, xa que ofrecerá un servizo de conexión a internet de gran calidade e cobertura móbil de garantías en calquera punto do municipio.
Este despregamento pode causar interferencias coa televisión dixital terrestre (TDT), e, para iso, a empresa Chega700 encargarase de solucionar calquera afectación na recepción e o sinal de televisión. Para que aquelas persoas afectadas solucionen as incidencias, a empresa pon ao dispor o teléfono 900 833 999 e a súa páxina web www.chega700.es.