Sobre as 01,30 horas deste miécoles un veciño de Cambre e 112 informan a policía local de que a ambulancia estacionada na C/ Wenceslao Fernández Flórez estaba a arder. A patrulla policial observa que o vehículo está a arder pola súa banda frontal polo que os axentes tentaron extinguir o lume con extintores. As chamas propagáronse cara ao interior da ambulancia facendo dificultando a súa extinción. Tras esta primeira intervención acudíronse bombeiros do parque comarcal de Arteixo, que extinguiron totalmente o incendio sobre as 02,20 horas. A Policía Local acordoou a zona aínda que non houbo ningún ferido e tan só danos materiais. Crese que a ambulancia foi adquirida fai menos dun ano polo que o custo do incendio é elevado. Non se descarta ningunha hipótese aínda que e sospéitase que puido ser intencionado. Non é a primeira vez que sucede algo similar no posto de ambulancias de Cambre. Hai menos de dous anos sucedeu exactamente o mesmo incendio e resultou destruída outra ambulancia de similares características.