Friday 22 de November de 2024

O BNG preguntará no Parlamento polos permisos das obras da igrexa de Dexo


A oleirense Iria Taibo preguntará se as obras da igrexa románica contan cos permisos preceptivos e cal é o motivo da súa suspensión

Nos pasados días, o concelleiro oleirense Iván Roca, alertou sobre posíbeis nas obras de reparación de humidades na igrexa románica de Santa María de Dexo, declarada Ben de Interese Cultural en 1982.
En concreto, a aparición de restos humanos e a falta de sinalización en relación cos permisos e coas actuacións alertou tanto ao noso concelleiro como á veciñanza da zona, xa que a presenza dunha necrópole no adro da igrexa era coñecida como consecuencia dunhas obras anteriores. A suspensión das obras ante a aparición destas informacións en diversos medios de comunicación fai dubidar sobre a corrección da metodoloxía neste caso.

Os Bens de Interese Cultural contan cunha especial protección, e por este motivo a formación nacionalista fará seguimento desta situación, tanto no Pleno de Oleiros como no Parlamento Galego.