Así é como Costas do Estado pretende deixar a ría, con residuos que tras meses de traballos non foron retirados. Tampouco foron retirados os paus, nin se realizou a aportación de area necesaria para poder utilizar a ría para o baño, quedando ao descuberto as estruturas do paseo.
Isto, engadido á non realización dos tramos de paseo pendentes no Seixo e O Paraíso, pon de manifesto que as obras non están rematadas. Por iso, o Concello denunciará ante a Unión Europea a suposta finalización desta obra, financiada con fondos europeos.