Saturday 16 de November de 2024

A Regata Liga Norte Traiñeiriñas muda o horario para a tarde


A previsión meteorolóxica para esta fin de semana fai que a Regata Liga Norte Traiñeiriñas cambie para o horario da tarde no sábado 4, momento para o cal se agarda melloría no tempo. Esta cita terá lugar nas augas da localidade pobrense no 4 de maio, a partir das 16.00 horas.

Tomarán parte as categorías cadete, xuvenil e absoluta, tanto feminina coma masculina, da provincia da Coruña.

O concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, declara que “continuamos vogando na contorna do noso peirao comercial cunha nova cita deportiva. O mes de abril estivo protagonizado polo remo con tres eventos de gran magnitude e agora dámoslle comezo a maio con outra regata.”

Organiza o Club Remo Puebla coa colaboración da Concellaría dos Deportes e da Protección Civil.