As persoas traballadoras que se contraten deberán estar desempregadas e inscritas como demandantes de emprego na modalidade de peón/oa forestal
O Concello de Fene vén contratando persoal nos últimos anos a través deste programa para o fomento do emprego
O Concello de Fene contratará no mes de xuño dúas persoas para o posto de peón/oa forestal con cargo ao programa APROL Rural. A duración dos contratos será de 9 meses a xornada completa.
Para poder optar a unha destas prazas é requisito imprescindíbel atoparse en situación de desemprego, así como tamén estar inscrito/a no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante non ocupado/a. Ademais, débese ter solicitada a ocupación de peón/oa forestal. Unha vez se publiquen as bases do proceso selección, o Concello de Fene tramitará ante a oficina de emprego de Ferrol – Esteiro a oferta de emprego.
A concelleira de formación e emprego, Cristina García, informou de que “as persoas contratadas por este programa desenvolverán labores de xestión das masas forestais e outras recollidas no seu perfil laboral”, integrándose durante a súa contratación no departamento de servizos.
As persoas que precisen máis información sobre este programa poden dirixirse á Área de Formación e Emprego “Pancho Allegue”, na Praza do Alcalde Ramón José Souto González, a través do teléfono 981 492 767 ou no correo orientacion.laboral@fene.gal.
O programa APROL Rural, a través do cal o Concello de Fene vén contratando persoal nos últimos anos, está financiado pola Consellaría de Promoción do Emprego e Igualdade.