Friday 22 de November de 2024

Bienal de Pintura do Eixo Atlântico


O Centro Cultural Lustres Rivas acolleu onte a inauguración da exposición Bienal de Pintura do Eixo Atlântico, onde estiveron presentes a Concelleira de Cultura; Antía Alberte Maneiro, a comisaria da exposición Marta Ferreira, o xestor cultural do Concello de Ribeira, Unai González, os concelleiros Luis Furones e Cruz Rivadulla e dous dos artistas participantes na mostra; a compostelá Maria Eiras e o noiés Pío Costa.

A mostra está composta de 25 obras de temática variada e estilos diversos que abarcan dende o óleos ata o collage. A exposición estará ata o vindeiro 28 de maio no Lustres Rivas, pois das 10 cidades nas que estará só 3 son galegas.