Friday 22 de November de 2024

A Xunta completa a entrega de equipamento ás Agrupacións de Protección Civil cunha nova entrega a 14 concellos da provincia da Coruña


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda fixo entrega hoxe de 7 todo terreo pick-up e 7 remolques con material de intervención para emerxencias

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do delegado da Xunta na Coruña, Diego Calvo, entregou hoxe no complexo administrativo de San Caetano un total de 7 vehículos todo terreos pick up e 7 remolques con material con material de emerxencias destinados a 14 Agrupacións de Protección Civil da provincia da Coruña, rematando así a segunda rolda de entrega de material, que xa se levou a cabo nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra -fai dous días- e completándoa hoxe en Santiago.

Desta volta, foron beneficiarios os concellos de A Laracha,, Laxe, Malpica de Bergantiños, Padrón, Ponteceso, Pontedeume e Val do Dubra, que recibiron todos terreos; e os concellos de Boiro, Muxía, As Pontes de García Rodríguez, Bergondo, Carballo, Melide, Rianxo, que recibiron os remolques destinados ás emerxencias, que contan con electro bombas somerxibles, motobombas para augas residuais, xerador de electricidade portátil de gasolina, motoserras, rozadoras de 3 CV, torre de iluminación e kit de balizamento e sinalización

Reforzo ás emerxencias
Este equipamento forma parte dun ambicioso plan de mellora dos medios materiais que permitirá mellorar a eficacia das actuacións na prevención de riscos e nas intervencións nas emerxencias. Nos últimos meses estase levando a cabo unha distribución de material extraordinaria, que permite aos Voluntarios de Protección Civil estar mellor preparados que nunca.

Así, en total cunha inversión de preto de 4,5 millóns de euros o goberno galego entregou a 166 concellos da nosa comunidade un total de 64 todoterreos pick up, 51 remolques de Emerxencias, 41 furgóns de transporte e loxística, 18 embarcacións pneumáticas, 33 esparexedores de sal e 20 carpas presurizadas con remolque. Tanto Xunta coma concellos recoñecen a importante labor que levan a cabo cabo cada día os voluntarios de Protección Civil, polo que e de relevante importancia que estes profesionais conten cos mellores medios e traballen nas mellores condicións.