Abril foi un mes de intercambios e de visitas escolares, e aquí tedes tres exemplos:
O alcalde recibiu esta semana aos nenos e nenas da escola unitaria de Artes, que tiñan moitas ganas de coñecelo. Pero ademais de falar con Evencio Ferrero no seu despacho, aproveitaron a viaxe para dar unha voltiña pola vila. Que ben prestan e canto se aprende
nestas saídas!
Tamén visitaron a casa do concello onte mesmo os mozos e mozas da vila francesa de Barbezieux que están de intercambio en Carballo grazas a unha iniciativa conxunta do IES Monte Neme e o colexio de Coristanco. A rapazada, que pasa estes días con familias
carballesas, agradeceu a acollida que lle brindaron as familias, o centro e o goberno municipal. E ademais tiveron a sorte de probar uns petiscos elaborados polo alumnado de Cociña do Fórum Carballo.
E, falando de intercambios con Francia, aínda temos moi recente tamén o que realizaron os nosos irmáns de L’Isle Jourdain, como recente é tamén a viaxe que realizaron a Sèvres tres mestras do CEIP Bergantiños para seguir avanzando no proxecto Erasmus+ “Traballando
por unha escola inclusiva”. Con elas levaron algúns agasallos para presumir do noso concello.