O Concello de Oroso, a través da Aula Mentor EducaOroso, convoca todos os módulos do CCNA Cisco 5 Routing and Switching. A matrícula poderase realizar na Aula Mentor EducaOroso (rúa do Deporte 7, Sigüeiro) ou no 981 688 950 antes do 5 de febreiro.
Os CCNA Cisco son unha certificación universalmente recoñecida como un estándar da industria para o deseño e soporte en redes LAN e Wan, que garante que os estudantes certificados gozan dun alto nivel de coñecementos. Uns cursos que, a diferenza da flexibilidade do resto da oferta formativa da Aula Mentor EducaOroso, teñen uns prazos máis ríxidos e que comezarán a impartirse o próximo 8 de febreiro.
Para cursar un módulo Cisco hai que superar previamente os módulos anteriores. Durante a semana do 8 ao 12 de febreiro, os titores xestionarán a alta dos alumnos matriculados na plataforma Cisco Networking Academy (NetACAD), iniciando as actividades lectivas o día 15 de febreiro. Para xestionar a alta na plataforma NetACAD, os titores remitirán un correo electrónico á dirección de correo que os alumnos faciliten aos administradores durante o proceso de matrícula (non confundir coa mensaxería interna da plataforma).