Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ribeira acudiron ás 00:42 horas desta madrugada a un incendio en colectores do lixo na rúa Fernández Varela, no Concello da Pobra do Caramiñal.
Na chegada ao lugar identificouse que o lume afectaba a catro colectores qeu se atopaban moi próximos a vehículos que estaban estacionados alí, polo que se procedeu á extinción das chamas antes de que se ocasionaran danos nos automóbiles.
No operativo participaron tamén a Garda Civil de Boiro e Protección Civil da Pobra do Caramiñal.