As persoas interesadas en participar no XXXIV Tríatlon do Concello de Oleiros poden inscribirse na competición desde hoxe ata o luns 20 de maio. Para tramitar a solicitude, os deportistas poderán acceder a través da web municipal.
Esta carreira está programada para o vindeiro sábado día 25 de maio, ás 16:00 horas, e como nos anos anteriores terá lugar na localidade de Mera. Nesta proba poden participar todos os deportistas federados na Federación Galega de Tríatlon e aquelas persoas que fagan licenza dun día. Para todas as categorías a distancia será de 750 m de natación, 21 km de bicicleta e 5,5 km de carreira a pé.
MÁIS INFORMACIÓN: https://www.oleiros.org/es/actividades-deportivas/-/asset_publisher/r52cUQMTVCdP/content/id/1142193