Saturday 16 de November de 2024

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo do Naufraxio


A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da taxa de ocupación de dominio público portuario polo Museo do Naufraxio, instalado en terreo portuario. Así consta na resolución do ente público trasladada á administración local.

Dita exención baséase no artigo 40 da Lei de taxas portuarias, que recolle a posibilidade de bonificar ao 100% a chamada taxa TODP ás corporacións locais cando desenvolvan actividades que sexa encadradas entre as súas finalidades públicas e estas non sexan obxecto de explotación económica.
Segundo se indica nas condicións xerais da concesión outorgada por Portos de Galicia en 2021 para a instalación do Museo do Naufraxio no porto de Camariñas, a liquidación das taxas realízase por semestres adiantados e, no caso de poder aplicarse bonificacións ou exencións, a documentación acreditativa debe ser remitida no prazo máximo dun mes a partir do outorgamento do título. Dita documentación acreditativa non foi remitida polo Concello no prazo indicado polo que o a exención que vén de aprobar o ente público aplicarase desde o segundo semestre deste ano.