O crecemento vexetativo negativo e a marcha de poboación estranxeira entre as principais causas. Os residentes marroquís foron os residentes máis numerosos, seguidos polos rumanos, portugueses, brasileiros e colombianos
Ordes 26 xaneiro 2016. O Concello de Ordes rematou o ano 2015 cun total de 12.776 habitantes (6258 homes, 6549 mulleres), sendo este o cuarto ano consecutivo no que se reflexa un descenso poboacional, macándose o inicio desta nova etapa (2012: 12.963 habitantes; 2013: 12.939 hab; 2014: 12.844 hab).
Unha situación decrecente que atopa a súa explicaciónde na crise económica que afecta a todo o país e que se deixa notar especialmente no sector da construción, tan importante nas últimas décadas para a economía local. Un revulsivo ao que hai que sumarlle no caso de Ordes o peche de varias plantas de confección e a comprometida e inestable situación que padece o sector agrogandeiro co sistema de prezos. Con todo isto “foron moitas as persoas, sobre todo de orixen estranxeiro, que decidiron probar sorte noutros lugares ou ben regresar aos seus países de orixe”, tal e como confirman dende o Rexistro municipal. Non só isto explica a situación actual, senón que tamén hai que falar dun saldo de crecemento vexetativo negativo. De feito as cifras indican que a razón do descenso con respecto ao ano 2014 vén marcada mayormente polos 139 finamentos fronte aos 88 nacementos. Un resultado negativo que tamén se rexitrou no 2014 cunha difencia de -25 persoas nunha ecuación que plasma 138 mortes ante 113 nacementos.
Atendendo ao lugar de residencia os ordenses prefiren o núcleo urbano ás áreas rurais. A vila acolle a preto de 7600 veciños e veciñas fronte aos algo máis de 6530 con domicilio nas parroquias aledañas. No ruiero destacan rúas como Alfonso Senra con 749 residentes, O Recreo 522, Rosalía de Castro 332, rúa Mediodía 303, Canteira 261, rúas Nova e Mercado con 225 cada unha ou Lagartos con 183. No caso das parroquias no eido rural a máis concorrida é San Pedro de Ardemil con 1000 persoas, seguida de Santa Cruz de Montaos, Leira, Buscás e Parada con 826, 511, 640 e 305 respectivamente.
Residentes marroquíes
Atendendo á poboación estranxeira no ano que acaba de rematar contabilizáronse 517 persoas (243 homes, 274 mulleres). O ránquing está encabezado pola poboación marroquí con 115 residentes, seguido de Rumanía con 73, Potugal con 68, Brasil con 64, Colombia con 29, Venezuela con 20, Polonia con 18, Uruguay con 16 e China e República Dominicana con 15 compatriotas.