Saturday 16 de November de 2024

O Goberno Local convoca o seu primeiro ‘Sábado de portas abertas’ do ano para atender á veciñanza


Rexedor e concelleiros atenderán de 10 a 13 horas suxestións e consultas

Este vindeiro sábado, 30 de xaneiro, o Concello de Ordes abrirá as súas portas de 10 a 13 horas. Como é habitual o último sábado de cada mes ten lugar o ‘Sábado de portas abertas do Goberno Local’. Unha iniciativa coa que se pretende facilitar o contacto entre a administración local e os veciños e veciñas que non poidan acudir en horario de oficina nos días laborables.
Tanto o rexedor como varios dos seus concelleiros atenderán persoalmente a todas e todos aqueles que desexen realizar algunha consulta ou ben formular algunha dúbida ou suxestión. Aínda que non é requisito indispensable solicitar cita previa quen o desexe pódeo facer a través do teléfono 981680002 extensión 2.
Ademais desta canle tamén se ofrece a posibilidade de contactar directamente con Alcaldía a través do formulario que aparece na páxina web municipal www.ordes.gal.