Un total de 17 veciños e veciñas de Boqueixón participaron nas primeiras sesións do curso gratuíto “Uso das novas tecnoloxías na vida diaria”, organizado polo Concello de Boqueixón en colaboración coa Fundación Amigos de Galicia. Un curso que foi inaugurado polo concelleiro de Facenda e Servizos Xerais, José Manuel Iglesias Gómez, e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Ángela Conde Leis, quen destacaron que se trata dunha actividade “para promover o envellecemento activo mediante a unha actividade que facilita a socialización e dixitalización dos nosos maiores”.
Nestas sesións, os maiores de Boqueixón están aprende a manexar os seus teléfonos móbiles para realizar xestións a través de Internet como solicitar unha cita médica a través da APP móbil do Sergas, pedir quenda no Concello ou Centro de saúde, sacar diñeiro no caixeiro, actualizar a súa cartilla ou manexar os seus teléfonos móbiles. Uns obradoiros prácticos e sinxelos que teñen como obxectivo favorecer a independencia dixital das persoas maiores de Boqueixón, para que así poidan levar a cabo as súas tarefas diarias de maneira autónoma.
As clases teñen lugar na biblioteca municipal de Boqueixón, en horario de mañá, e as próximas sesións terán lugar os mércores 8 e 15 de maio.