O concello de Fene e a agrupación de concellos de Mugardos e Neda desenvolve o proxecto de prevención de condutas aditivas, no que se enmarcan o programa “Abordaxe de conflitos desde a educación emocional” , subvencionado pola Consellería de Sanidade.
O obxectivo do programa é formar e sensibilizar ao alumnado e as familias na prevención e resolución de conflitos para resolvelos de xeito sa e respetuoso tomando como base a educación emocional.
Ofertase ao alumnado de primaria a partir de 4º e a secundaria de 1º a 4º.
Rlobxectival d aeducación emocional, a disciplina
Ao longo do mes realizouse a presentación do programa nos centros escolares e a presentación de solicitudes.
A partir do día 25/4/24 inicianse os obradoiros nos centros escolares de Fene con unha duración de tres sesións por grupo aula.
Ao longo das sesións trataranse contidos relacionados co establecemento de regras e creación de espazos de confianza.
DefInición de emocións e actividades prácticas para identificalas, asi como reflexións grupais sobre situacións emocionais comúns na adolescencia.
Introdución a estratexias de regulación.
Discusión de casos prácticos.
Xogo de roles para prácticar a empatía.
Técnicas de comunicación efectiva.
Creación dun “plan de acción emocional”.
Os obxectivos de desenvolvemento sostible da axenda 2030 que se están a traballar a nivel local nesta actividade son o número 3 relacionado ca saúde e o benestar, e o número 4 que está relacionado cunha educación da calidade.
Como complemento do programa escolar ofertase as familias no ciclo” Acompañar no reto de educar” o luns día 29 de abril ás 18:00 na casa da cultura a sesión adicada a reflexionar sobre esta temática.
Achégase cartel e tríptico informativo do programa.
Para calquera información dirixirse a: no centro municipal de Servizos Sociais do concello de Fene a través da Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal