A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade e auditoría web.
Unha vintena de representantes de pemes (comercio, hostalaría, servizos…) interesouse por esta acción que, segundo indica a edil Amparo Cerecedo, non só posibilitará a adaptación da súa actividade económica ao contexto actual e sacar proveito do uso das novas tecnoloxías, senón que tamén é unha oportunidade de tecer rede entre as persoas emprendedoras instaladas no Coworking da Pobra, incluído na Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo, e negocios que xa contan cun espazo físico na localidade, creando así sinerxías.
A xornada explicativa desenvolveuse na tarde do día 24 de abril, en dous horarios, coa finalidade de facilita-la asistencia.