Thursday 21 de November de 2024

Unha festa post-regata animará a noite previa á final do Campionato de España de Bateis


A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis. No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se desenvolverá no domingo 28. Trátase dunha proba de índole deportivo con repercusión económica e social, á que agora tamén se incorpora a festiva cunha celebración post-regata na noite do día 27.

Non faltará a música na praza Alcalde Segundo Durán coa Discomóvil Chocolate, de 23.00 a 03.00 horas. Habilitarase tamén toldo con barra.

Con relación a esta actividade, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, explica que se converte nunha oportunidade para confraternizaren os clubs deportivos chegados de toda España máis alá do campo de regatas, ademais de que a veciñanza poida desfrutar cos remeiros e remeiras dos resultados da primeira parte do campionato.