O concelleiro de Ribeira, Xabier Vidal, presentou hoxe xunto a Abraham Benítez e a presidenta da ANPA do colexio Sagrado Corazón de Castiñeiras, María Pego; a IV Andaina Solidaria de Castiñeiras – Memorial Juan Vidal Pérez, que se celebrará o domingo 28 de abril ás 11:00 dende o Castro de Castiñeiras.
A andaina está organizada pola ANPA de Castiñeiras coa colaboración do Concello, e tódolos fondos que se recauden irán destinados para a Asociación de Nais e Pais; co propósito de organizar actividades, obradoiros e charlas para os rapaces e rapazas ao longo do curso escolar.
Segundo destacou Abraham Benítez, a andaina será circular e terá un percorrido de 5 km, que discorrerán entre o Castro de Castiñeiras e Aguiño. “Juan Vidal Pérez comezou con este evento fai moitos anos e hoxe seguimos organizando esta andaina na súa memoria, co propósito de promover o deporte de base e inclusivo.” explicou. As inscricións poderanse realizara través da páxina web Galitiming e terá un prezo de 6 euros.