Friday 22 de November de 2024

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe


O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal convocatoria, nin por parte do Concello nin por parte da entidade prestadora do servizo.

No día de hoxe varias persoas maiores estiveron a recibir chamadas nas que se suplantaba ao Concello de Oleiros e se convocaba unha reunión sobre Axuda no Fogar o xoves 25 de abril pola mañá, que incluía a recollida da persoas maiores nos seus domicilios. Nada disto é certo.

Para evitar posibles enganos, o Concello recomenda ás veciñas e veciños que recibiron estas chamadas que non acudan a esa convocatoria realizada no nome do Concello de Oleiros xa que non é certa.