O alumnado do CEIP de Olveira visitou hoxe a Biblioteca Municipal, onde están expostos os 279 traballos que participaron no III Concurso de Deseño de Marcapáxinas.
A concelleira de Educación, Cruz Rivadulla e o responsable da Biblioteca Municipal, Xoán Fernández, fixeron entrega dun diploma e un lote de libros á gañadora Henara Romay. Ademáis, farase entrega de 500 marcapáxinas impresos co debuxo gañador aos usuarios e usuarias da Biblioteca.
Doutra banda, o alumnado da actividade de reforzo educativo recolleu un libro de agasallo con motivo da celebración da Semana do Libro.