Friday 22 de November de 2024

Para o Partido Popular coas obras na Avenida de Santa Cristina o caos está garantido en toda a franxa costeira durante este verán


Pedirá que se tomen medidas extraordinarias para á regulación do tráfico no acceso á praia.

Para o Partido Popular de Oleiros adivíñanse tempos moi complicados para a mobilidade en termo municipal durante este próximo verán, especialmente nas interseccións da avenida Che Guevara coas rotondas de Bastiagueiro e Perillo.
O comezo das obras -máis ben un simulacro de comezo- que xa está a traer molestias a visitantes e, de maneira moi especial, aos residentes, incrementará co seu avance as restricións no acceso á praia e as retencións e atascos en toda a fachada marítima do municipio.
“É unha obra moi importante e necesaria que levamos reclamando desde hai décadas, pero require unha planificación intelixente que non converta nun inferno para os residentes esta parte do municipio nos próximos meses” manifestou Loli Silva, Portavoz do Grupo Municipal Popular.
“Que empezasen as obras é, sen dúbida, unha boa noticia. Que o fixeran con tan poucos medios e en vésperas do verán xa non o é tanto” engadiu Silva.” “Esperamos unha planificación moi meditada do tráfico e os desvíos oportunos en toda a zona, así como opcións de zonas de aparcamento mesmo reforzo, sustitutorio do uso de vehículos, a través de liñas complementarias de autobús. Tamén esperamos que se multipliquen os medios humanos e mecánicos que se están empregando.” demandou a portavoz
” Non se se nos collerá o touro” lamento.